17 MAIO

1998

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Trobadores da ría de Vigo

“Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus!, se verra cedo?”

Martín Codax (séculos xiii-xiv)

Trobadores da ría de Vigo

(Galicia, séculos XIII e XIV)

Foron os representantes máis destacados dun período creativo de relevo dentro da lírica galego-portuguesa medieval: Johan de Cangas, Meendinho e Martín Codax, moi probablemente orixinarios da contorna da ría de Vigo. As súas composicións, cantigas de amigo, veñen acompañadas de claras referencias ás zonas do Morrazo, Redondela e Vigo, e son unha xoia patrimonial da nosa lingua e cultura.

GRANDES ÉXITOS

finais do
século XIII

Pergamiño Vindel

O Pergamiño Vindel é un manuscrito de finais do século XIII no que figura como autor Martín Codax. Contén sete cantigas de amigo, seis delas veñen coa correspondente notación musical. O pergamiño foi achado de casualidade polo libreiro Pedro Vindel dentro dun exemplar do século xiv do De officiis de Cicerón, e hoxe atópase na Biblioteca e Museo Pierpont Morgan de Nova York.

O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa –ou Cancioneiro Colocci-Brancuti

Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa

1525-1526

séculos XV-XVI

Pergamiño Vindel

E o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana son os documentos medievais onde podemos atopar cantigas de Meendinho e Johan de Cangas.

Martín Codax sobresaíu pola beleza especial e polo selo popular das súas cantigas de amigo; sobre todo polas súas marítimas ou barcarolas. Grande sentidor da súa paisaxe natal, cantou con unción as ondas do mar de Vigo.”

Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego