17 MAIO
2013
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“DON VALERIANO: A vida, amigo Cañete, é un labirinto polo que mentres se é novo un se deixa estraviar por ver a onde leva. E para cando descobre que non leva a ningures, xa nos fixemos vellos e non hai quen acerte o camiño de volta. Es de Vilanova de Arousa?
CAÑETE: Son.
DON VALERIANO: Berce de enormes talentos! Alí naceu o máis grande escritor deste século. Sabías?”
Doentes (1998)
Roberto Vidal Bolaño
(Santiago de Compostela, 1950 – 2002)
Foi un dramaturgo, actor e director de teatro galego. Desde moi novo desempeñou oficios variados, mais sempre orientándose cara ás súas paixóns: o cinema e o teatro. Traballou coa Agrupación Cultural O Galo e co grupo cinematográfico Reina Lupa, de Euloxio R. Ruibal. Fundou o Grupo de Teatro Antroido, que sería a primeira agrupación profesional de teatro galego, xunto con Xaquín García Marcos, e máis tarde a compañía Teatro do Aquí.
GRANDES ÉXITOS
1976
Laudamuco, señor de ningures (1976) é a primeira obra representada polo grupo Antroido. Foi na VI Mostra Abrente de Teatro en Ribadavia, e supuxo a afirmación do colectivo na súa profesionalización. O texto, que mereceu o Premio Abrente, fai unha representación burlesca das formas de poder.
Doentes (1998) é unha obra de teatro ambientada na Compostela dos anos cincuenta. Nela dous personaxes vagan pola cidade tras seren botados do Hostal dos Reis Católicos, que deixa de ser o hospital que os acollía. En 1997 recibiu o premio Rafael Dieste.
1998
Outras obras
Bailadela da morte ditosa (1992), Días sen groria (1992) e Saxo tenor (1993)
“(...) convertiuse nun dos pioneiros do teatro profesional en Galicia. Promoveu e dirixiu o grupo ‘Antroido’ no que interviu tamén coma actor.”
Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego