17 MAIO
1995
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“(...) O mestre, que foi un dos máis asisados e mellores que houbo na nosa vila, escribiu unha ‘Rápida’ nun xornaliño de Vilagarcía dicindo que os de Rianxo perderámo-la balea por falta de cultura e de unión. Será certo. Eu non sei que pensar. A unión sempre é boa. Porén, os de Vilanova non tiñan máis unión, e coido que tampouco máis cultura ca nós, e, de tódolos xeitos, velaí, apañaron o premio. E ben; que lles aproveite.”
“De cómo viu a Rianxo unha balea”,Dos arquivos do trasno. Contos do monte e do mar (1926)
Rafael Dieste
(Rianxo, 1899 – Santiago de Compostela, 1981)
Foi un poeta, dramaturgo, narrador e xornalista galego, un dos renovadores da literatura en lingua galega do século xx, que tamén participou nas Misións Pedagóxicas e no Seminario de Estudos Galegos. En 1936 exiliouse en varias localidades europeas ata que chegou a Bos Aires, onde dirixiu a editorial Atlántida. En 1971 ingresou na Real Academia Galega.
GRANDES ÉXITOS
1926
Dos arquivos do trasno. Contos do monte e do mar (1926) é un libro de relatos curtos cun limiar no que esboza unha teoría propia sobre a narración breve. O coidado uso da lingua, o ritmo preciso de cada relato e a sorprendente irrupción do fantástico convérteno nunha obra mestra do xénero.
A fiestra valdeira (1927) é unha obra de teatro que narra a historia dun emigrante retornado que fixo fortuna no Brasil e reflexiona sobre o rexeitamento das orixes humildes. A súa estrea foi representada por mariñeiros de Rianxo, baixo a dirección do propio Dieste, en 1935.
1927
Outras obras
A vontade de estilo na fala popular (1971) e Encontros e vieiros (1990)
“Foi un intelectual puro que cultivou en castelán e galego tódolos xéneros literarios: desde o conto e a novela ate o teatro, o ensaio e a poesía.”
Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego