17 MAIO
2018
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Saúdan ó día as gaivotas e o mar ergue a súa arela sen nome en cumes de escuma branca. Un gris de ceo baixo latexa na auga. Desperta o vento na xerfa e vai zunindo a cántiga secreta do seu errar. A baliza do peirao, si e non de luz e pausa, acena xa debilmente, atenuada polo día que quere abrir.
- As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos.”
Anagnórise (1988)
María Victoria Moreno
(Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005)
Foi unha escritora, tradutora, editora e profesora de ensino secundario. Estudou Filosofía e Letras, na especialidade de Filoloxía Románica, na Universidade Complutense de Madrid. Exerceu de profesora en Lugo, Vilalonga e Pontevedra. Recibiu numerosos premios, coma o do Concurso Nacional de Contos Infantís da Agrupación Cultural O Facho ou o Premio Barco de Vapor. Dominou ata once linguas e escolleu a galega para a súa escrita literaria.
GRANDES ÉXITOS
1973
Mar adiante (1973) é a historia dunha escola nun barco, o Arroás, unha forma de ensino diferente, afectiva e apegada á natureza, que mostra a filosofía da autora.
Leonardo e os fontaneiros (1986)conta a historia dun can e da súa relación cun neno e cos seus amigos. O amor e respecto polos animais son unha constante na vida e obra de María Victoria Moreno.
1986
1988
Anagnórise (1988) é unha novela que narra a viaxe dun adolescente que fai autostop cara a Madrid e casualmente é recollido por unha muller adulta. Este libro formou parte da Lista de Honor IBBY en 1990.
“Autora de libros infantís e xuvenís. O ano 1972 escribiu o conto Carisca, e Catavento. No seguinte editou ”Unha historia de nenos para nenos”, co título de Mar adiante. No 1985 deu a coñecer a novela Leonardo e os fontaneiros… No campo dos estudos literarios hai que anotar o que lle adicou aos poemas de García Lorca…”
Diccionario de escritores en lingua galega (1990), Francisco Fernández del Riego