17 MAIO

2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Manuel María

“(...) Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos,
¡cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!”

“Galicia”, Os soños na gaiola (1968)

Manuel María

(Outeiro de Rei, 1929 – A Coruña, 2004)

Foi un escritor, político, procurador, libreiro, editor e dinamizador cultural galego. Pertencente a unha familia labrega, estudou bacharelato en Lugo e máis tarde cursou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. A partir de 1950 comezou a publicar ata chegar a ser autor dunha extensa obra, sobre todo en poesía, aínda que tamén cultivou o ensaio, o teatro e a narrativa. Ao longo da súa vida foi militante de diversos movementos sociais.

GRANDES ÉXITOS

1954

Terra Chá

Terra Chá (1954) é un libro composto por cincuenta e cinco poemas, que en posteriores edicións e revisións chegaron a ser cento catorce. A temática principal é a evocación da Terra Chá, as romaxes, a xente e os animais. Moitos destes poemas foron musicados máis tarde por outros artistas e adquiriron gran popularidade, como é o caso de “O carro”, por Fuxan os Ventos, e “O cuco”, por Suso Vaamonde.

Os soños na gaiola (1968) é un libro de poemas, pioneiro da literatura infantil galega, que máis tarde sería musicado por Suso Vaamonde.

Os soños na gaiola

1968

Outras obras

Muiñeiro de brétemas (1950) e O Miño, canle de luz e néboa (1996)

“(…) a súa bibliografía poética e moi abondosa. En Muiñeiro de brétemas, Morrendo cada intre e Advento, inagurou cronoloxicamente, antes que Cuña Novás, a que se deu chamar Escola da Tebra.”

Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego