17 MAIO
2006
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“A escena representa unha tenda ou taberna. Na esquerda o mostrador e detrás del os alzadeiros con cartuchos, botellas, paquetes, etc. Porta ó fondo pola que se ve a praia mailo mar. (...)
PAUL. ¡Beba!
MARC. Non quero, Paulos; Pódeme facer mal.
PAUL. ¿E logo? ¿Non lle gustou sempre o viño?
MARC. Abofé que si; pero agora teño a lancha sen lastre e poderíase virar.”
Mareiras: drama en tres actos en prosa (1904)
Manuel Lugrís Freire
(Sada, 1863 – A Coruña, 1940)
Foi un dramaturgo, poeta, novelista e político galego. Con vinte anos emigrou a Cuba, onde comezou a colaborar no xornal Eco de Galicia e fundou e dirixiu a publicación A Gaita Gallega. En 1896 regresou á Coruña, participou na Cova Céltica e fundou a Escola Rexional de Declamación. Foi membro fundador da Real Academia Galega e das Irmandades da Fala, membro do Seminario de Estudos Galegos e un dos redactores do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia.
GRANDES ÉXITOS
1904
Mareiras: drama en tres actos en prosa (1904) é unha obra de teatro social ambientada na vila mariñeira de Sada, un drama que segundo o autor aconteceu cando era neno. Cheo de críticas á hipocrisía relixiosa, estreouse ese mesmo ano no Teatro Principal da Coruña. Houbo unha reedición en 1923 na que Lugrís introduciu cambios na lingua relacionados co seu traballo lingüístico na Gramática do idioma galego (1921).
Ardencias (1927) é un poemario dedicado á xuventude galega que mantén “acesas no corazón as ardencias pola nobre causa do rexurdimento”.
1927
Outras obras
A costureira d´aldea (1884), Contos de Asieumedre (1908), Versos de loita (1917) e As mariñas de Sada (1928)
“Tencionou un xeito de teatro galego cos dramas A ponte, Mareiras, e as comedias O pazo e Estadeiña… Cultivou tamén o conto breve en Contos de Asieumedre, e escribiu con carácter normativo unha Gramática do idioma galego…”
Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego