17 MAIO
2005
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“A Xosé Luís Méndez Ferrín, na gaiola.
Esta é a cantiga nova que se chama cadea,
pois xa non hai ribeiras pras cantigas de amor.
Están os corazós nas cárceres, meu bén,
encadeados beizos,
ollos encadeados,
as longas cordas do terror abranguen
feixes de labradores, mariñeiros, xograres,
estudantes, obreiros, artesáns,
cregos do Papa Xoan,
rapazas que procraman a alborada do mundo
(…)”
“Cantiga nova que se chama cadea”, Cuco-Rei (1970)
Manuel Lorenzo Varela
(A bordo do barco La Navarre con destino a Cuba, 1916 – Madrid, 1978)
Foi un escritor, editor e crítico. Estudou Filosofía e Letras en Madrid, onde publicou os seus primeiros textos. Participou na Federación de Mocedades Galeguistas e nas Misións Pedagóxicas. En 1936 uniuse ao Goberno leal á República e desempeñou o labor de comisario político. Exiliouse na Arxentina e no Uruguai, onde seguiu colaborando en numerosos xornais e revistas e dinamizando a cultura galega desde a diáspora.
GRANDES ÉXITOS
1944
Catro poemas galegos, pezas para un conxunto reducido de instrumentos (1944) é un poemario publicado en Bos Aires que leva ilustracións do seu amigo Luís Seoane. Os poemas están dedicados a María Pita, a María Balteira, ao bispo Ataulfo e a Roi Xordo.
Lonxe (1954) é un poemario, publicado en Bos Aires na editorial Botella al Mar, no que combina un coidado estilo poético co compromiso ético-político e coa dor do exilio e da emigración. Nesta publicación colaboran os seus compañeiros de exilio, Arturo Cuadrado no limiar e Luis Seoane nas ilustracións.
1954
Outras obras
Torres de amor (1942) e Homenaje a Picasso (1963)
“[...] Posteriormente tirou do prelo o libro Lonxe. Figuran nel versos bariles, de boa arquitectura formal, nos que o poeta cantou con rexo acento vellas esencias do país, á par que expresou protestas sociais dos tempos novos”.
Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego