17 MAIO

1982

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Luis Amado Carballo

“(...)
Polo mar, as velas
eran folerpiñas,
que da lúa aberta
nas ágoas caíran.

Da beira do río
chegaban cantigas
choutando nas leiras
molladas de risas.

Preto do hourizonte
estrelas obrizas
frotaban os ollos
tirando a preguiza.

E bicando os lonxes
as foulas ispidas
ó alén nevaban
de limpas surrisas.

Un outo aturuxo
voando fuxía.
E os bosques lonxanos
noite revertían.”

“Sol-por”, Proel (1927)

Luis Amado Carballo

(Pontevedra, 1901 – 1927)

Foi un mestre, poeta, narrador e xornalista galego. Estudou Maxisterio en Pontevedra, exerceu como mestre e xornalista, e foi membro das Irmandades da Fala. En 1919 marchou a Madrid, onde colaborou co xornal La Tribuna e, en 1922, de volta en Pontevedra, fundou xunto con Xoán Vidal Martínez a revista Alborada, ademais de colaborar con diversos xornais coma A Nosa Terra, El Pueblo Gallego, La Concordia ou Vida Gallega.

GRANDES ÉXITOS

1927

Proel

Proel (1927) é o poemario publicado por Alborada. A súa poética encádrase no movemento hilozoísta, no cal a natureza é a principal protagonista e aparece humanizada, con alma propia. O emprego da prosopopeia e de imaxes cromáticas innovadoras colócano como principal autor desta corrente que mestura un espírito vangardista cunha feitura tradicional.

O galo (1928) é un poemario publicado postumamente e que continúa en parte o ronsel do libro anterior. De feito, é moi común que se editen de maneira conxunta.

O galo

1928

Outras obras

Maliaxe (1922) e Os probes de Deus (1925)

“O poeta combinou imaxes vanguardistas con metros e ritmos populares, para ofrecer unha visión plástica e animadora da campía. Amado Carballo soupo sintonizar as correntes líricas do seu tempo co tradicionalismo formal da poesía galega. Cantou así, con habelencia, dun xeito novo nunha métrica vella.”

Historia da literatura galega (1951), Francisco Fernández del Riego