17 MAIO

2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Francisco Fernández del Riego

“En principio a instrucción ás oito da mañá: ¡un-do!, ¡un-do! ¡Por pelotóns, dereita! ¡Pola esquerda, en liña! ¡Media volta! ¡Mar...! Síntome canso, amolado, cun humor de cans. Cando remata a instrucción pé a terra, comeza a instrucción coas pezas...”

Diario da guerra (2023),Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego

(Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010)

Foi un escritor, editor e dinamizador cultural galego. Estudou Dereito en Santiago de Compostela, e desde moi novo comezou a traballar pola nosa cultura, tanto no eido intelectual coma no político. Fundou xunto con outros socios a Editorial Galaxia, da que sería director, e continuou a colaborar con distintas publicacións. Foi académico da lingua, impulsor e promotor da idea do Día das Letras Galegas e presidente da Real Academia Galega.

GRANDES ÉXITOS

1984

Historia da literatura

Historia da literatura (1984) é unha publicación na que o autor disecciona e realiza unha crítica das diferentes correntes e autores da nosa literatura.

Diccionario de escritores en lingua galega (1992) é unha compilación de escritores fundamentada polo feito de expresarse en galego, independentemente da súa procedencia.

Diccionario de escritores en lingua galega

1992

Outras obras

O cego Pumardeón (1992), Luis Seoane desde a memoria (1994) e Camiño andado (2003)

"Toda a miña vida lla adiquei a Galicia. Unha vez que me reencontrei e tiven sentido do que é o noso país, do que é a súa cultura, do que é a súa lingua, fixen profesión de fe, de actividade, de traballo ao servizo dese ideal.”

Francisco Fernández del Riego. Vigo dende o corazón de Galicia (2013), M.ª D. Cabrera Iglesias e M.ª D. Villanueva Gesteira