17 MAIO
1968
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Sentiámo-los mozos que entón principiábamos a nos interesar pola literatura, un noxo fondo e forte por tódolos problemas que xa naquel tempo facian pendurar sobre do peito as testas dos homes serios.”
“Dos nosos tempos”, revista Nós, núm. 1 (1920)
Florentino López Cuevillas
(Ourense, 1886 – 1958)
Foi un historiador, escritor, antropólogo e arqueólogo galego que tomou parte nas Irmandades da Fala, na Xeración Nós e no Seminario de Estudos Galegos, do que foi o encargado da sección de Prehistoria. Na súa obra destacan os seus traballos de investigación histórica e arqueolóxica, aínda que tamén cultivou a prosa e o ensaio literario, que representou un exemplo de emprego e dignificación do galego no campo científico.
GRANDES ÉXITOS
1920
“Dos nosos tempos” (1920) é un artigo publicado no primeiro número da revista Nós, no que describe a situación do grupo e a súa transcendencia para a nosa cultura. Cuevillas colaboraría asiduamente nesta publicación tratando diversos temas, sempre vencellados a Galicia.
Prosas galegas, 1920-1958 é unha compilación de traballos que xa saíran noutros medios. Publicada en 1962 de xeito póstumo, nesta escolma recóllense ensaios de temática variada e tamén narracións coma “O trasno da vila”.
1920-1958
Outras obras
Como nasceu a cidade de Ourense, A mansión de Aquis Querquernis e A Edade do Ferro na Galiza
“Coñecino en outubro do ano 1931, cando el presidía a sección de etnografía e folclore no Seminario de Estudos Galegos. Máis tarde trateino moito e só podo falar ben del. Era un empregado de Facenda que facía favores a todo o mundo; en Galaxia publicámoslle un libro, Prosas galegas, sobre artigos que foi publicando en diversas revistas.”
Francisco Fernández del Riego