17 MAIO

2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Florencio Delgado Gurriarán

“Illas: Ons,
Arousa,
A Toxa
e Sálvora e Cortegada
Abelleira, Beiro, Rua
Aroña, Corbeiro, Marma...
Estreliñas, que apreixóu
o inquedo espello das augas.
Do mar, no glauco impeitizo
farangullas de esmeralda:”

“Lembranzas arousás”, Florencio Delgado Gurriarán, vida e obra dun poeta valdeorrés republicano e galeguista (2022), Ricardo Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán

(Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, 1990)

Foi un poeta, tradutor, editor e dinamizador cultural galego. Estudou Dereito en Valladolid e de volta en Valdeorras comezou a traballar de avogado. Nesta época implicouse na vida política e cultural da comarca, colaborou en prensa e publicou a súa primeira obra poética. Tras a Guerra Civil exiliouse en México, onde viviría desde aquela impulsando numerosas actividades e traballando activamente pola nosa cultura, como é o caso da Revista Vieiros, da que foi director.

GRANDES ÉXITOS

1963

Galicia infinda

Galicia infinda (1963) é un poemario publicado pola Editorial Galaxia, do que un dos seus editores é Francisco Fernández del Riego. Podemos dividir esta obra entre os poemas que seguen a temática da súa primeira etapa, Valdeorras, a natureza, o viño, as festas…, e outros de carácter mexicano e de recordos da terra afastada.

O soño do guieiro(1986) é un poemario en homenaxe a Castelao. Nesta obra aparecen compilados numerosos poemas escritos durante a guerra e o exilio; aquí atopamos un Florencio combatente e crítico coa ditadura e co franquismo.

O soño do guieiro

1986

Outras obras

Bebedeira (1934) e Cantarenas (1981)

“(…) A chegada a Galicia para el foi un shock, unha cousa impresionante. Xa digo, nesas tardes que falamos horas, el contábame todas as cousas que atopaba nunha Galicia distinta que non era a Galicia que el coñecía…”

“Entrevista a Paco del Riego”, Florencio Delgado Gurriarán, vida e obra