17 MAIO

1992

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Fermín Bouza-Brey

O canistrel de mestos lumiares
que na serán calada se derrama,
todo luz, todo ouro, todo flama,
envexa de sol pores e de mares,

preludio é dos pálidos luares
con que na noite a praia se recama,
en tanto a onda en pasión ama e desama,
envolveita ñas néboas tutelares...

Ría de Arousa, grávida de cores,
serea dos atlánticos amores
que acariñadle a miña infancia inxela,
faime un recanto no argacento coló,
un sartego onde durma ao teu arrolo
no máis esquivo con da túa órela!”

“Diante do mar de Cambados”, Seitura (1955)

Fermín Bouza-Brey

(Ponteareas, 1901 – Santiago de Compostela, 1973)

Foi un escritor, xurista, investigador de Etnografía e Arqueoloxía, e profesor universitario. Estudou Dereito e Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, e exerceu a carreira xudicial en diferentes localidades; foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos. É autor dunha prolífica obra en diferentes campos ademais de colaborar en numerosas publicacións coma Nós, Cristal, Resol e A Nosa Terra.

GRANDES ÉXITOS

1933

Nao senlleira

Nao senlleira (1933) é unha obra poética que foi impresa pola editorial Nós en Santiago de Compostela. Destaca pola súa edición e presentación, e por ser exemplo do neotrobadorismo. Nela o autor procura a recuperación dos ritmos poéticos da literatura galego-portuguesa recollida nos cancioneiros medievais.

Seitura (1955) é un poemario no que mestura o estilo poético de Nao senlleira con novas composicións e temáticas.

Seitura

1955

Outras obras

Cabalgadas en Salnés (1925), Bibliografia da prehistoria galega (1927), en colaboración con Florentino Cuevillas, e Gozos a divina peleriña (1948), premiado coa Flor Natural no Certame Literario das Festas da Celestial Patroa de Pontevedra de 1948

“Fermín Bouza-Brey ten traballado, desde sempre, nos eidos da nosa cultura. Sendo aínda alumno da universidade compostelá fundou xunto á compañía doutros rapaces o Seminario de Estudos Galegos. A partir de entón a actividade literaria e erudita xa non deu pausa. Para Bouza-Brey, as xentes e as cousas de Galicia, grandes e pequenas, a vida popular, a paisaxe arqueolóxica, a etnografía e o folclore constitúen unha temática preferente.”

“Conversa con Fermín Bouza-Brey”, Galicia Emigrante, núm. 20 (1956) Salvador de Lorenzana