17 MAIO
1967
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O MAIO
“Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!
(...)”
Aires da miña terra (1880)
Curros Enríquez
(Celanova, 1851 – A Habana, 1908)
Foi un poeta e xornalista galego, representante destacado do Rexurdimento galego. A súa escrita conta cunha forte reivindicación e compromiso social. Comeza o seu labor xornalístico en Madrid, na Gaceta de Madrid e El Imparcial, e volve a Galicia en 1877 tras gañar un certame poético na cidade de Ourense cos poemas “Unha boda en Einibó”, “O gueiteiro” e “A Virxen d’o Cristal”. En 1894 emigra a Cuba, onde traballa para varios xornais e inicia xunto a Murguía o que será a Real Academia Galega.
GRANDES ÉXITOS
1880
Aires da miña terra (1880) é unha escolma de poemas pertencentes a diferentes épocas. A posición anticlerical e reivindicativa dalgúns dos seus textos fixo que a obra fose denunciada xunto co seu autor polas autoridades eclesiásticas.
O divino sainete (1888) é unha obra satírica onde novamente volve criticar a Igrexa a través dun longo poema a xeito de parodia da Divina comedia de Dante Alighieri. E, da mesma maneira que o vate italiano, Curros emprega o texto para burlarse dos seus inimigos persoais e literarios.
1888
Outras obras
Cartas del norte (1875-1876), Paniagua y Compañía. Agencia de sangre (1877) e La señorita de aldea (1878).
“En Manuel Curros Enríquez, a visión de Galicia adquire, sobre todo, un senso combativo. Curros é un escritor abondoso e proteico, pero só labra a súa verdadeira persoalidade literaria cando se sinte cidadán do seu país.”
Francisco Fernández del Riego sobre Curros Enríquez no discurso de entrada na Real Academia Galega (1960)