17 MAIO
2017
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Mandárono subir á camioneta branca e marcharon con el cara ó monte do Sarnadoiro. O demais xa o sabes ti. Apareceu morto dun tiro na cabeza. Agora xa pasou. E é mellor calar. Tamén calou o médico cando lle levaron ao fillo.”
“Coma lobos”, Vento ferido (1967)
Carlos Casares
(Ourense, 1941 – A Ramallosa, Nigrán, 2002)
Foi un escritor, tradutor, crítico, editor, xornalista, profesor e político galego. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Filoloxía Románica. É un dos autores renovadores encadrados na Nova Narrativa Galega. Dirixiu a Editorial Galaxia e a revista Grial; en 1983 saíu elixido nas eleccións e foi membro do Parlamento de Galicia, presidiu o Consello da Cultura Galega e formou parte da Real Academia Galega.
GRANDES ÉXITOS
1967
Vento ferido (1967) é un conxunto de relatos breves. A obra sufriu un intento de secuestro pola censura, xa que o texto “Coma lobos” falaba dun ‘paseado’ polo franquismo, polo que a totalidade dos exemplares foi agochada por Francisco Fernández del Riego antes de que chegaran as autoridades.
Os escuros soños de Clío (1979) é un conxunto de relatos que, baixo o influxo da musa da mitoloxía grega que figura no título, narran feitos pasados desde un punto de vista irónico e con abundantes doses de humor.
1979
Outras obras
Xoguetes pra un tempo prohibido (1975), Ilustrísima (1980) e Os mortos daquel verán (1987)
“A afición que sinte polo mundo dos nenos acretouna en dúas obras de literatura infantil: A peza teatral As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas e o fermoso conto A galiña azul. Tamén na versión que fixo ao galego de Le petit prince, de Saint-Exupéry, que constitúe unha valiosa recreación do texto do escritor francés na nosa lingua.”
Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego