17 MAIO

1997

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ánxel Fole

“Sin saber cómo nin cómo non, atopeime en Vigo, nunha das súas rúas máis céntricas, qui é a de Colón. O teimar de pasar prá acera onde está o periódico Faro de Vigo, sentín que algo se me atravesaba no camiño; din un traspés e enfuciñei no chan. Non vin nada. Mais a sensación era de como si se me atravesara unha corda. Mais unha corda tampouco é verdade. Porque o que sentín ñas canelas era mol, tépedo i amorosiño como a peí dos gatos. Pensei vagamente no rabo do Demo...”

“De como me atopei co demo en Vigo”, Contos da néboa (1973)

Ánxel Fole

(Lugo, 1907 – 1986)

Foi un escritor e xornalista galego. Cursou Dereito nas universidades de Valladolid e Santiago de Compostela, mais abandonou os estudos e comezou a súa longa andaina xornalística en 1927 cun artigo en La Provincia. Foi colaborador de diversos medios coma Nós, El Progreso, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, A Nosa Terra ou Galicia Emigrante. Tamén fundou revistas de vangarda coma Yunque. En 1963 pasou a formar parte da Real Academia Galega.

GRANDES ÉXITOS

1953

Á lús do candil. Contos a carón do lume

 Á lús do candil. Contos a carón do lume (1953) é un libro de contos baseado na tradición oral con diferentes temáticas: o medo, o humor e o metafísico. Publicouno a Editorial Galaxia e o prólogo é de Francisco Fernández del Riego.

Terra brava. Contos da solaina (1955) é unha colección de contos influenciados pola estancia do autor no Courel. En Terra brava o narrador atopa unha carpeta que se converte nunha desculpa para poder contar a historia.

Terra brava. Contos da solaina

1955

Outras obras

Contos da néboa (1972), Historias que ninguén cre (1981) e Pauto do demo (1958)

“Ánxel Fole é unha das figuras literarias máis representativas da nosa xeración. Os seus volumes de contos Á lús do candil e Terra brava constitúen unha rexa proba do seu talento creador, tanto como das mañíficas posibilidás que a prosa galega amosa no terreo da narración.”

“Conversa sobre Galicia co autor de Terra brava”, Galicia Emigrante, núm. 29, Salvador de Lorenzana