17 MAIO

2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Antonio Fraguas

“(…) Tiñamos certo segredo pero don Antonio Losada preguntou a un se era algo deportivo polo seu espírito deportivista e ao dicirlle que era un grupo de individuos preocupados polos estudios das cousas galegas, e ao saber tal cousa díxolle que había que recoller todo o que se estaba perdendo. O que queriamos era facer un Dicionario galego, os escudos de Pontevedra, comenzáramos cun debuxo bastante ben feito do mellor escudo de Pontevedra…”

“Antonio Fraguas, de Insuela á Real Academia Galega”, Boletín da Real Academia Galega, A Coruña

Antonio Fraguas

(Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999)

Foi un escritor, etnógrafo, arqueólogo, antropólogo e profesor galego. Estudou no instituto de Pontevedra, onde tivo como mestres a Castelao e a Antón Losada Diéguez, e máis tarde Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Formou parte das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e, con posterioridade, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Tamén foi académico da lingua, director do Museo do Pobo Galego e obtivo a Medalla Castelao.

GRANDES ÉXITOS

1985

Aportacións ó cancioneiro de Cotobade

Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)é unha compilación de novecentas noventa e dúas cantigas do concello do que era orixinario Antonio Fraguas. Foi editado pola Fundación Otero Pedrayo.

Romarías e santuarios (1988) é unha guía de lugares nos que o autor estuda as festas desde as súas orixes, ás veces pagás, e a súa cristianización posterior, ao tempo que revisa os elementos etnográficos máis característicos: bailes, cancións, comidas, ritos etc.

Romarías e santuarios

1988

Galeguista, profesor universitario, colaborador do Seminario, era Antón Fraguas. Fomos amigos durante moitos anos ata o seu pasamento… Durante a súa vida toda, de antes e de despois, traballou arreo en variados estudios sobre o país natal. Especialmente sobre a configuración xeográfica, os costumes, lendas, tradicións populares…”

Camiño andado (2003), Francisco Fernández del Riego