17 MAIO
1977
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Somentes o voso amor a terra na que fumos nados puido traguerme a iste posto para premiar en min o único merecimento que poseio: o dunha fonda devoción pola Galiza e o dunha constancia nista devoción que anda a se reflexar fai moitos anos, desque o raciocinio alumeóu o meu cerebro, en todo canto escribo, que non é pouco abofé.”
Inicio do discurso de entrada de Antón Villar Ponte na Real Academia Galega (1934)
Antón Villar Ponte
(Viveiro, 1881 – A Coruña, 1936)
Foi un xornalista, dramaturgo, ensaísta, político, teórico do nacionalismo e boticario galego. Fundador das Irmandades da Fala, pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos, á Real Academia Galega e ao Conservatorio Nazonal de Arte Galega. Foi autor dunha obra extensa, escribiu obras de teatro, ensaios, conferencias e multitude de artigos xornalísticos.
GRANDES ÉXITOS
1926
O Mariscal, escrita de maneira conxunta con Ramón Cabanillas, é unha obra de teatro baseada na figura do mariscal Pardo de Cela, executado polos Reis Católicos en 1483. Nun contexto mítico e con clara intención política, o texto converte a súa figura nun símbolo de resistencia contra o centralismo de Castela.
Pensamento e sementeira. Leiciós de patriotismo galego é unha escolma de artigos xornalísticos que escribiu ao longo da súa vida. Foi editada postumamente polo Centro Galego de Bos Aires.
1971
Outras obras
Do caciquismo: A patria do labrego (1905) e O sentimiento liberal na Galiza (1934)
“Recordo con Villar Ponte percorrer Galicia facendo campañas electorais nos anos trinta ou cando fixen o prólogo da obra Pensamento e sementeira…, ademais citeino no meu discurso de entrada na Real Academia Galega, no que destacaba seu labor polo país colaborando en xornais e revistas e demostrando o profundo amor que sentía por Galicia.”
Salvador de Lorenzana