17 MAIO

1991

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Álvaro Cunqueiro

“O cocido pide un tinto do país o máis sereo e graduado que se poida. Unha vez estaba eu de xurado nun concurso dos viños do condado, en Salvaterra de Miño. (...)
...e había que dar puntos aos viños de 1 a 5, e a meu carón estaba un catador anotando, que nunha ollada que botei de esguello ao seu papel, vin que non numeraba se non que escribía algo. Pregunteille que poñía a aquel tinto que estabamos catando e díxome que simplemente isto: ‘Bo para o cocido’. Era un tinto de Rubiós, adulto, ben feito, farturento, campechán. Si señor, un tinto para un cocido, acaiñado, que é o mellor. Aquel amigo, ademais de catador, era un ‘gourmet’.”

A cociña galega (1963)

Álvaro Cunqueiro

(Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981)

Foi un poeta, novelista, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e comezou axiña a colaborar en diversos xornais coma El Pueblo Gallego. Foi redactor de La voz de Galicia, El Progreso e Faro de Vigo, do que foi tamén director. En 1963 ingresou na Real Academia Galega. A súa obra poliédrica vai desde a vangarda poética ata a fabulación, que mestura realidade e ficción, cun estilo moi coidado e dotado de humor.

GRANDES ÉXITOS

1955

Merlín e familia

Merlín e familia (1955) é unha novela que recupera o famoso personaxe da materia de Bretaña para situalo en terras galegas. Mediante unha mesma estrutura, o mago Merlín recibe visitas e resolve enredos, sempre con moita imaxinación e humor.

Escola de menciñeiros (1960) é un libro de relatos curtos que parece formar parte dunha triloxía xunto con Xente de aquí e de acolá (1971), que vai dedicado a Antonio Odriozola e a Francisco Fernández del Riego, e Os outros feirantes (1979), que recibiu o Premio da Crítica Española.

Escola de menciñeiros

1960

Outras obras

Mar ao norde (1932), As crónicas do sochantre (1956), Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961) e A cociña galega (1963)

“De Álvaro Cunqueiro son amigo desde que eramos nenos e coincidíamos no autobús de Freire para ir examinarse a Lugo, cando eu marchaba de Lourenzá e el de Mondoñedo. Logo mantivemos unha amizade durante toda a vida e son padriño dunha neta del. Cantas reunións e comidas pasamos xuntos e ata fumos de viaxe a Inglaterra no Queen Elisabeth para conmemorar os 900 anos da batalla de Hastings. Logo adicoume un poema titulado ‘Os cantos de Hastings’ e eu publiquei Álvaro Cunqueiro e o seu mundo: vivencias e fabulacións, ademais de moitos artigos e conferencias.”

Francisco Fernández del Riego