17 MAIO

1964

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Alfonso R Castelao

“SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, té as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas d‑entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. (...)”

“Alba de groria”, discurso pronunciado por Castelao no exilio en Bos Aires o 25 de xullo de 1948

Alfonso R. Castelao

(Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950)

Foi un mestre, narrador, ensaísta, dramaturgo, xornalista, debuxante, pintor, médico e político galego. Considerada a figura máis destacada do panorama cultural e político galego do século xx, a súa obra literaria destaca por mesturar sabiamente o humor e o compromiso social con Galicia. Asemade, ofrece unha ollada propia e orixinal, combinando a súa faceta de artista plástico coa de narrador, destreza que o converte nun creador total.

GRANDES ÉXITOS

1926, 1929

Cousas

Cousas (1926, 1929) é unha obra na que podemos apreciar a un tempo o seu talento de debuxante e de narrador. Cun estilo breve e cheo de lirismo, Castelao preséntanos un conxunto de relatos que amosan a súa visión da realidade galega.

Sempre en Galiza, publicada no exilio en Bos Aires en 1944, é a obra de referencia do pensamento galeguista contemporáneo. Consta de varios artigos e conferencias escritos en diferentes épocas nos que se recollen os seus pensamentos e arelas sobre a nación galega.

Sempre en Galiza

1944

Outras obras

As cruces de pedra na Bretaña (1930), Retrincos (1934), Os dous de sempre (1934) e Os vellos non deben de namorarse (1941)

“Castelao foi un dos mellores escritores da nosa lingua. Foi un artista cuio imponderable dominio idiomático permitiulle atopar sempre a xusta correspondencia entre a idea e a expresión.(...) De todo este o seu labor transcende decote un identificárese coas esencias do pobo galego.”

Galicia [Bs As 1926], núm. 604, 1975, pp. 52. Francisco Fernández del Riego