17 MAIO
1980
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“(...)
Tan toste que acababa ouv’ o mong’ a oraçon,
oyu hũa passarinna cantar log’ en tan bon son,
que sse escaeceu seendo e catando sempr’ alá.
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Atan gran sabor avia daquel cant’ e daquel lais,
que grandes trezentos anos estevo assi, ou mays,
cuidando que non estevera senon pouco, com’ está
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.”
“Fragmento da “Cantiga 103”, Cantigas de Santa María (1270-1283)
Afonso X O Sabio
(Toledo, 1221 – Sevilla, 1284)
Foi un rei de Castela recoñecido polo seu papel como mecenas cultural e coautor das Cantigas de Santa María. Aprendeu o noso idioma polas temporadas que viviu no castelo de Maceda. Na súa corte organizou grupos de escribáns e eruditos (xudeus, árabes e cristiáns) que transcribiron manuscritos doutras linguas e diversas obras científicas e xurídicas.
GRANDES ÉXITOS
1270 - 1283
As Cantigas de Santa María son un conxunto de máis de catrocentas composicións líricas escritas en galego-portugués e en notación musical mensurada durante a segunda metade do século xiii. Naqueles tempos o emprego do galego-portugués era o propio na lírica culta en Castela, e grazas a iso temos na nosa lingua esta alfaia da literatura medieval.
A temática destas composicións é variada, pero podémola resumir na louvanza da virxe e dos seus milagres, ademais da posta en valor do poder do Reino de Castela. Tamén hai lugar para cantigas sobre as festividades vencelladas con Santa María e os misterios máis recorrentes da cristiandade. Asemade, a través destas cantigas obtemos moita información da vida cotiá e dos costumes da época.
“Hai unha candura louzana e graciosa na temática e no ambiente de todas estas cantigas que as fan fondamente suxeridoras, semellando ás veces verdadeiros romances místicos. Porén, as composicións do cancioneiro marial non son somente relixiosas.”
Historia da literatura galega (1951), Francisco Fernández del Riego