Axenda de actividades provinciais
Estudos e reflexións sobre Patrimonio Cultural. Seminario en memoria da profesora Ana Goy Diz
O Seminario ‘Estudos e reflexións sobre o Patrimonio Cultural’, dedicado á memoria da profesora Ana Goy Diz, propón unha aproximación a diferentes aspectos relacionados co patrimonio cultural, campo de investigación no que a homenaxeada desenvolveu a súa traxectoria académica. A súa defensa do patrimonio galego, a súa investigación, xestión e protección, máis aló dos valores monumentais e histórico-artísticos, motiva os contidos destas xornadas, nas que participan persoas moi vinculadas á súa vida e traxectoria profesional.
Información
O acceso ao seminario é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban ata o 13 de xuño en reservas.museo@depo.gal