
#2025
Calendario laboral
Festas laborais de carácter local
De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 171/2024, de 8 de xullo, da Xunta de Galicia, as festas laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 serán as seguintes:
- 1 de xaneiro: Aninovo
- 6 de xaneiro: Epifanía do Señor (Día de Reis)
- 17 de abril: Xoves Santo
- 18 de abril: Venres Santo
- 1 de maio: Festa do Traballo
- 17 de maio: Día das Letras Galegas
- 25 de xullo: Día Nacional de Galicia
- 15 de agosto: Asunción da Virxe
- 1 de novembro: Todos os Santos
- 6 de decembro: Día da Constitución Española
- 8 de decembro: Inmaculada Concepción
- 25 de decembro: Natividade do Señor
Festas laborais de carácter local na provincia de Pontevedra
Ao abeiro do disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, de 28 de xullo, no artigo 2 do Decreto 171/2024, de 8 de xullo, e no artigo 1.11.º do Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, a proposta do Pleno dos respectivos concellos, as seguintes festas de ámbito local:
- AGOLADA
- 2 de maio
- 30 de xuño
- ARBO
- 3 de febreiro: San Brais
- 11 de xullo: San Bieito
- BAIONA
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 26 de setembro: San Cosme e San Damián
- BARRO
- 13 de xuño: Festa do Viño
- 5 de outubro: Romaría de San Breixo
- BUEU
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 11 de novembro: San Martiño
- CALDAS DE REIS
- 24 de xuño: San Xoán
- 14 de agosto
- CAMBADOS
- 11 de xullo: San Bieito
- 18 de xullo: Santa Mariña
- CAMPO LAMEIRO
- 13 de xuño: Santo Antón
- 29 de setembro: San Miguel
- CANGAS
- 11 de abril: Venres das Dores
- 1 de setembro: Luns do Cristo
- CAÑIZA, A
- 9 de xuño: Romaría das Pascuillas
- 15 de outubro: Santa Tareixa
- CATOIRA
- 14 de xullo
- 4 de agosto
- CERDEDO–COTOBADE
- 28 de xullo: festividade do Ecce-Homo
- 18 de agosto: San Roque
- COVELO
- 2 de maio: día seguinte ao da Festa do Traballo
- 9 de xuño: Festa das Pascuillas
- CRECENTE
- 13 de maio
- 26 de xuño
- CUNTIS
- 11 de xullo: San Bieito
- 18 de agosto: Santo Antón
- DOZÓN
- 22 de xullo
- 2 de setembro
- ESTRADA, A
- 26 de xuño: festas patronais de San Paio
- 27 de xuño: festas patronais de San Paio
- FORCAREI
- 24 de xuño: San Xoán
- 1 de setembro: luns das Dores
- FORNELOS DE MONTES
- 21 de abril: luns de Pascua
- 12 de agosto: San Lourenzo
- GONDOMAR
- 4 de marzo: Martes de Entroido
- 11 de xullo: San Bieito
- GROVE, O
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 11 de novembro: San Martiño
- GUARDA, A
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 23 de setembro: Santa Trega
- ILLA DE AROUSA, A
- 7 de xaneiro
- 4 de marzo: Martes de Entroido
- LALÍN
- 22 de setembro: festas patronais da Virxe das Dores
- 23 de setembro: festas patronais da Virxe das Dores
- LAMA, A
- 28 de xullo: San Xoaquín e Santa Ana
- 5 de agosto: Festa das Ermidas
- MARÍN
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 8 de setembro: festividade da Virxe do Porto
- MEAÑO
- 11 de xullo: San Bieito
- 13 de decembro: Santa Lucía
- MEIS
- 21 de abril: Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas)
- 11 de xullo: San Bieito
- MOAÑA
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 11 de novembro: San Martiño
- MONDARIZ
- 9 de xuño; luns de Pentecoste e festividade da Franqueira
- 16 de agosto: San Roque
- MONDARIZ-BALNEARIO
- 9 de xuño: festividade da Franqueira
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- MORAÑA
- 19 de xullo: Santa Xusta
- 13 de decembro: Santa Lucía
- MOS
- 13 de xuño: Festa da Rosa
- 7 de agosto: San Mamede
- NEVES, AS
- 29 de xullo: Santa Marta
- 5 de agosto: Nosa Señora das Neves
- NIGRÁN
- 24 de xuño: San Xoán
- 24 de agosto: San Roque de Camos
- OIA
- 9 de xuño: festividade da Virxe do Mar
- 7 de agosto: San Mamede
- PAZOS DE BORBÉN
- 3 de marzo: Entroido
- 24 de xuño: San Xoán
- POIO
- 24 de xuño: San Xoán
- 24 de setembro: Nosa Señora da Mercé
- PONTEAREAS
- 23 de xuño: luns seguinte á festividade do Corpus Christi
- 29 de setembro: San Miguel
- PONTE CALDELAS
- 21 de abril: Luns de Pascua
- 3 de setembro: mércores da Festa das Dores
- PONTECESURES
- 7 de xaneiro: San Xulián
- 7 de xullo: Nosa Señora do Carme
- PONTEVEDRA
- 5 de marzo: Mércores de Cinza
- 11 de xullo: San Bieito
- PORRIÑO, O
- 11 de xullo: San Bieito
- 29 de setembro: Día do Cristo
- PORTAS
- 21 de marzo: San Bieito
- 21 de abril: Luns de Pascua
- REDONDELA
- 8 de abril: Luns do Cristo
- 19 de xuño: xoves da Coca
- RIBADUMIA
- 21 de abril: Luns de Pascua
- 6 de xuño: Festa do Viño Tinto
- RODEIRO
- 16 de xuño: Santo Antón
- 8 de setembro: Nosa Señora do Faro
- ROSAL, O
- 4 de marzo: Martes de Entroido
- 18 de xullo: festividade de Santa Mariña
- SALCEDA DE CASELAS
- 4 de marzo: Martes de Entroido
- 21 de xullo: Luns do Cristo
- SALVATERRA DE MIÑO
- 13 de maio: Nosa Señora de Fátima
- 9 de xuño: Santísimo Cristo da Victoria
- SANXENXO
- 21 de abril: Romaría do Con
- 4 de setembro: Santa Rosalía
- SILLEDA
- 11 de xullo: Festa do Lacón
- 25 de agosto: Festa da Empanada da Bandeira
- SOUTOMAIOR
- 21 de abril: Luns de Pascua
- 6 de agosto: Festa do Patrón
- TOMIÑO
- 4 de marzo: Martes de Entroido
- 15 de setembro: Luns do Alivio
- TUI
- 4 de marzo: Martes de Entroido
- 28 de abril: Luns de San Telmo
- VALGA
- 3 de febreiro: Festa de San Brais
- 24 de xullo: festividade de Santa Cristina
- VIGO
- 4 de marzo: Martes de Entroido
- 28 de marzo: Festa da Reconquista
- VILABOA
- 4 de marzo: Martes de Entroido
- 11 de novembro: San Martiño
- VILA DE CRUCES
- 11 de agosto: Nosa Señora da Piedade
- 12 de agosto: Nosa Señora da Piedade
- VILAGARCÍA DE AROUSA
- 22 de maio: Santa Rita
- 16 de agosto: San Roque
- VILANOVA DE AROUSA
- 15 de xaneiro: San Mauro
- 16 de setembro: San Cibrán