A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á XXXIX Festa do Socio de Matamá

28/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá no Torreiro da Festa de Matamá á XXXIX Festa do Socio, organizada pola Sociedad Cultural y Deportiva Atlántida de Matamá. A vicepresidenta aproveitou ocasión para eloxiar o carácter festivo desta parroquia e reivindicou esta celebración como “unha cita imprescindible no calendario estival de festas de Vigo e incluso doutros puntos da provincia”. “Sodes un exemplo de como manter vivas as tradicións, e proba disto é esta festa, que está a piques de cumprir os 40 anos de historia”, asegurou. Luisa Sánchez tamén quixo dar os parabéns e agradecer á S.C.D. Atlántida de Matamá “non só por organizar esta festa, que é sempre sinónimo de éxito. Tamén por todo o que fai ao longo do ano para potenciar a cultura e a convivencia”, ao tempo que tendeu a manda de Deputación “para impulsar festexos tan importantes como este, que falan do que somos e do ben que facemos as cousas”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.