A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na entrega da Sardiña de Ouro de Teis ao proxecto “Son das Flores”

27/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este sábado na entrega da Sardiña de Ouro enmarcada na Festa da Sardiña organizada pola Comisión de Festas da Guía, na parroquia viguesa de Teis, desde fai máis de 30 anos. A vicepresidenta deu os parabéns a “Son das Flores”, o proxecto musical e pedagóxico impulsado polo CEIP Vicente Risco do Barrio das Flores de Teis en que recaeu este ano a distinción. Luisa Sánchez asegurou que “sodes un vivo exemplo de que a sensibilidade e o talento se atopan en todas partes”, tendo en conta que nel participan nenas e nenos de 14 nacionalidades, moitos en situación de vulnerabilidade.

A vicepresidenta lembrou que a Festa da Sardiña, que se celebra entre hoxe e mañá domingo para “degustar un manxar que non pola súa aparente sinxeleza é menos saboroso”, conta coa colaboración da institución provincial. A través do programa “Culturea”, financiáronse as actuacións da Banda de Gaiteiros de Pardavila, do grupo de rock El Hechizo de Nora e da banda O Faro da Guía.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.