A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste aos actos con motivo da celebración do Día do Antigo Alumno do Colexio Apóstolo Santiago de Vigo

22/06/2024

Día do Antigo Alumno do Colexio Apóstolo Santiago de Vigo

 

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá á xornada de celebración do Día do Antigo Alumno do Colexio Apóstolo Santiago de Vigo. Sánchez participou no acto de descubrimento dunha placa de bronce na fachada do edificio principal do colexio e tivo a oportunidade de recoñecer e agradecer a implicación e a traxectoria profesional dos xesuítas educadores do Colexio durante máis de cen anos.