A Deputación adxudica os 207 obradoiros do programa “+Xuntas” a entidades de 53 concellos da provincia

Máis de 5.000 mulleres poderán desfrutar dalgún dos 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde

14/06/2024

Conferencia de prensa de Luis López 14-06-2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a adxudicación dos 207 obradoiros do programa provincial "+Xuntas", que ten un orzamento de 325.000 euros e do que desfrutarán outras tantas entidades de 53 concellos da provincia. "Continuamos así avanzando, a través da formación, para eliminar a discriminación entre mulleres e homes, porque a igualdade é un dos nosos grandes compromisos e obxectivo transversal deste Goberno provincial", asegurou o presidente da Deputación Luis López.

 "+Xuntas" está dirixido a federacións e fundacións sen fins de lucro da provincia que traballan na promoción das mulleres, apoiando o seu desenvolvemento. Desta maneira, o programa chegará a máis de 5.000 mulleres, xa que cada un dos cursos está dirixido a un máximo de entre 20 e 25 persoas, segundo a especialidade. En total, as 207 entidades poderán desfrutar dun dos 26 obradoiros diferentes encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

As entidades da provincia que se beneficiarán dos obradoiros de "+Xuntas" pertencen aos concellos da Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Lama, Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, O Grove, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

videos

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.