AXENDA 2030
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A Deputación de Pontevedra outórgalle un valor estratéxico á Axenda 2030, e estamos fortemente comprometidos co cumprimento de todos e cada un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que establece este documento de referencia impulsado pola ONU. A Axenda 2030 constitúe unha folla de ruta que guía os plans, proxectos, programas e as diferentes accións que promove a Deputación, determinada a contribuír no territorio provincial a acadar os 17 obxectivos en todas as nosas competencias.
Nesa tarefa é imprescindible a colaboración entre as administracións, sendo prioritario establecer alianzas cos concellos para fomentar entre toda a cidadanía a sensibilización sobre os ODS.
Esta alianza local permite sumar sinerxías cos concellos en distintos ámbitos, establecendo ademais un fluxo continuo de información e difusión pública de todas as iniciativas municipais vinculadas aos ODS.
A institución mantén alianzas de colaboración con:
Os concellos que desexen recibir información sobre as accións que desenvolve a Deputación relacionadas cos ODS poden subscribirse á newsletter da institución nesta páxina: www.depo.gal/subscricion