2026-2027

Plan +Provincia

Plan de obras e servizos de competencia municipal

O Plan de obras e servizos de competencia municipal (Plan +Provincia) está financiado con fondos propios da Deputación e destinado a colaborar nas obras e nos servizos de competencia municipal dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.


O seu obxectivo é impulsar accións que lles permitan ás entidades municipais consolidar os criterios de desenvolvemento que favorezan a xeración de oportunidades, a creación de sinerxías cos axentes de cada lugar e a cohesión territorial.

Ademais, hai que ter en conta que a provincia de Pontevedra ten unha distribución e unhas necesidades territoriais moi diversas que repercuten directamente no conxunto da poboación.

No marco dos retos aos que hai que facerlles fronte determínase a necesidade de mellorar a prestación dos servizos públicos municipais, dotar os concellos de infraestruturas e equipamentos de calidade para impulsar a actividade económica, potenciar o acceso á contorna dixital e reducir a fenda poboacional ao orientar a acción pública cara os pequenos municipios rurais, as entidades máis afectadas pola desigualdade.

Para cumprir estes obxectivos, a Deputación pon en marcha un novo plan para financiar obras e servizos de competencia municipal con base en tres principios: cooperación, equilibrio e respecto á autonomía local.

O Plan +Provincia 2026 -2027 estrutúrase en catro liñas:

  • Liña 1: Investimentos, na que se poden contemplar as seguintes casuísticas:
    • Investimentos de carácter anual que se financian co crédito do exercicio 2026 ou do 2027
    • Investimentos de carácter bienal ou plurianual ou que, sen ter este carácter a súa execución ou financiamento, poida comprender máis dun exercicio. Neses casos, a Deputación pode outorgar o financiamento correspondente ao exercicio 2026, ao exercicio 2027 ou a ambos.
  • Liña 2: Actividades, gastos correntes e obras puntuais non cualificables como investimentos.
  • Liña 3: Activación do emprego 2026.
  • Liña 4: Redacción de proxectos para a transformación da mobilidade en zonas rurais e urbanas e/ou proxectos de carácter estratéxico local que posibiliten a transformación e modernización do municipio.

Novas relacionadas

{"classPK":15936178,"groupId":"37861","name":"20260605_conferenciaprensa_rafaestevez_01.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20260605_conferenciaprensa_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"16fb8d7f-005a-8d3f-62ea-e96f0d9574b8","fileEntryId":"15936178","resourcePrimKey":"15936561"}

A Deputación aproba máis de 720.000 euros do Plan +Provincia para diferentes actuacións en Cambados, Vilanova e A Illa de Arousa

  05/06/2026

{"classPK":15936291,"groupId":"37861","name":"20260605_conferenciaprensa_rafaestevez_07.jpg","alt":"Luis Lopez na conferencia de prensa","title":"20260605_conferenciaprensa_rafaestevez_07.jpg","type":"document","uuid":"af2a3e8d-6046-6bac-6cff-6d8e6c3ffd72","fileEntryId":"15936291","resourcePrimKey":"15936304"}

A Deputación destina máis de 520.000 euros do Plan +Provincia e do PEID aos concellos de Ponteareas, Soutomaior e Tui

  05/06/2026

{"classPK":5880805,"groupId":"37861","name":"mais-provincia-900X600.jpg","alt":"Plan + provincia","title":"mais-provincia-900X600.jpg","type":"document","uuid":"014140cb-905c-cd16-ecd3-f1d0e50fdc73","fileEntryId":"5880805","resourcePrimKey":"15890346"}

A Deputación aproba 380.000 euros para impulsar melloras en vías municipais e actividades sociais en Arbo, Gondomar e O Porriño no marco do Plan +Provincia

  29/05/2026

{"classPK":15886089,"groupId":"37861","name":"20260529_conferenciaprensa_rafaestevez_06.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López ","title":"20260529_conferenciaprensa_rafaestevez_06.jpg","type":"document","uuid":"c7143c44-92cd-b509-6e2a-524e07eb6f46","fileEntryId":"15886089","resourcePrimKey":"15890404"}

A Deputación aproba 320.000 euros para impulsar obras e financiar actividades en Catoira, O Grove e Valga no marco do Plan +Provincia

  29/05/2026

{"classPK":15834790,"groupId":"37861","name":"20260522-cpnferenciaprensa_rafaestevez_01.jpg","alt":"","title":"20260522-cpnferenciaprensa_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"08e14fd3-e36e-97c6-414d-c9ec717fbfb8","fileEntryId":"15834790","resourcePrimKey":"15853815"}

Luis López confirma a aprobación de 1,75 millóns de euros do Plan +Provincia para 8 concellos da área de Vigo e o sur da provincia

  22/05/2026

{"classPK":6264860,"groupId":"37861","name":"Estruturas-deportivas-900x600.jpg","alt":"Plan extraordinario de infraestruturas deportivas ","title":"Estruturas-deportivas-900x600.jpg","type":"document","uuid":"b10a593c-7fda-c4c0-ee1a-66521021a3c4","fileEntryId":"6264860","resourcePrimKey":"15851701"}

A Deputación destina 400.000 euros do Plan +Provincia e do PEID aos concellos de Barro, Cuntis, A Lama e Poio

  22/05/2026

{"classPK":5880805,"groupId":"37861","name":"mais-provincia-900X600.jpg","alt":"Mais provincia","title":"mais-provincia-900X600.jpg","type":"document","uuid":"014140cb-905c-cd16-ecd3-f1d0e50fdc73","fileEntryId":"5880805","resourcePrimKey":"15853142"}

A Deputación aproba 200.000 euros para Bueu para a humanización da rúa Nova de Arriba, en Beluso

  22/05/2026

{"classPK":15834873,"groupId":"37861","name":"20260522-cpnferenciaprensa_rafaestevez_04.jpg","alt":"Conferencia de prensa 22-05-2026","title":"20260522-cpnferenciaprensa_rafaestevez_04.jpg","type":"document","uuid":"1df79ebd-d580-1e6a-bc49-9646a9d58ffd","fileEntryId":"15834873","resourcePrimKey":"15853458"}

A Deputación destina 870.000 euros do Plan +Provincia e do PEID aos concellos da Illa de Arousa, Meis, O Grove e Valga

  22/05/2026

{"classPK":14367192,"groupId":"37861","name":"noticia-plan-provincia-2026-2027.jpg","alt":"Plan +provincia","title":"noticia-plan-provincia-2026-2027.jpg","type":"document","uuid":"f1d5985b-1560-da05-2b3b-ecb1b658a3ca","fileEntryId":"14367192","resourcePrimKey":"15852841"}

A Deputación aproba 350.000 euros para Vila de Cruces para a humanización da rúa do Cine e para a prestación de diferentes servizos

  22/05/2026