Marta Fernández-Tapias asistiu á entrega das tarxetas de invitación do Vigo Tennis Open 2023

09/10/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu esta tarde no Pazo Los Escudos de Vigo á entrega das tarxetas de invitación do Vigo Tennis Open 2023, cuxa fase final terá lugar desde mañá e ata o domingo no Complexo Deportivo Municipal de Samil.

Durante o acto, que contou coa presenza da extenista Arantxa Sánchez Vicario, a vicepresidenta sinalou que “en só 3 edicións xa se converteu nun dos eventos do tenis júnior de referencia no mundo”, o que demostra que “en Vigo e na provincia de Pontevedra temos as mellores instalacións e persoas para organizar eventos deportivos de gran calibre”.

Fernández-Tapias animou a cidadanía a gozar dos partidos e garantiu que “a Administración é e será durante todo o mandato a grande aliada do deporte da provincia, seguiremos apoiándovos e escoitando as vosas demandas para orientar as nosas políticas ao que de verdade necesita o sector”.