SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E SERVIZOS LINGÜÍSTICOS

Trátase dun Servizo especializado no que, de maneira transversal, se vela pola corrección das comunicacións escritas e pola unidade de criterios nos usos lingüísticos da Deputación. Entre as súas funcións están as seguintes:

  • Atender e resolver as consultas e dúbidas lingüísticas do persoal.
  • Realizar tarefas de revisión, corrección e asesoramento lingüístico dos textos e documentos xerados polos distintos servizos da institución provincial e, no seu caso, realizar a tradución a outras linguas coma o español, inglés, francés ou portugués e destas ao galego.
  •  Elaborar e xestionar programas ―da Deputación ou en colaboración con outras institucións― e subvencións para concellos e entidades en materia de normalización e dinamización da lingua galega.
  • Difundir criterios lingüísticos e usos adecuados, principalmente, para a linguaxe administrativa.
  • Promover accións formativas en lingua galega e difundir ferramentas e recursos elaborados por outros organismos que traballan para fomentala, coma a Escola Galega de Administración Pública, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega ou as universidades galegas.

información

  • Edificio Administrativo
  • Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
  • +34 986 804 100
  • gabinetelinguistico@depo.es