ORAL

ORAL é o órgano desconcentrado da Deputación de Pontevedra encargado de colaborar cos concellos na xestión, inspección e recadación dos tributos locais e outros ingresos de dereito público delegados nesta institución provincial, así como de facilitarlle á cidadanía destes concellos o puntual cumprimento das obrigas derivadas da imposición dos tributos locais e dos ingresos que xestionamos por delegación.

Estende, ademais, a súa colaboración á realización de todas as xestións e os trámites relacionados coa competencia da potestade sancionadora municipal que lle sexa delegada ou encomendada, en especial a relativa ás multas de tráfico.

O noso traballo persegue os seguintes obxectivos:

  • A conformación e mantemento dos padróns dos tributos municipais co alcance e coas condicións que se conveñan.
  • A práctica de liquidacións para determinar as débedas tributarias e outros actos de xestión.
  • A recadación en período voluntario e executivo de toda clase de tributos, así como doutros ingresos de dereito público.
  • A colaboración en materia de inspección dos tributos locais.
  • O asesoramento xurídico e económico en materia de xestión tributaria aos concellos cuxa xestión lles fose delegada.
  • A colaboración na xestión catastral, así como a xestión do procedemento sancionador en materia de tráfico.
  • A prestación de calquera outra actividade ou servizo necesario para a maior efectividade dos anteriores.

Así, cúmprese o establecido nos artigos 31, 36 e, especialmente, no artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e nos artigos do 113 ao 117 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

información

  • Manuel del Palacio, 16 - 36003
  • +34 886 211 400
  • informacion.oral@depo.es