Escola de Enfermería

A Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra é un centro público adscrito á Universidade de Vigo e dependente da Deputación de Pontevedra.

A Enfermería como ciencia da saúde ten por obxecto o estudo do coidado integral do ser humano. O título de Grao en Enfermería ten una duración oficial de 4 anos. Está integrado na rama de Ciencias da Saúde e capacita para o exercicio da profesión regulada de enfermería formando profesionais cunha preparación científica e humana necesaria para atender as necesidades de saúde e coidados das persoas sas ou enfermas ao longo da súa vida, das familias e da comunidade nos distintos niveis de atención sanitaria.

Ligazóns de interese

información

  • Escuela de Enfermería
  • Joaquín Costa, 41, 4º - 36001
  • +34 886 211 900
  • secenfpo@uvigo.es