Novas Tecnoloxías

O Servizo de Novas Tecnoloxías ten como obxectivo principal a implantación e o mantemento das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) tanto na Deputación de Pontevedra coma nos concellos da provincia.

Para conseguir este obxectivo o Servizo de Novas Tecnoloxías está estruturado en dúas áreas de traballo:

  • Área de Sistemas e Telecomunicacións
  • Área de Desenvolvemento e Web

Funcións da área de Sistemas e Telecomunicacións

A área de Sistemas e Telecomunicacións dálles soporte 24 x 7 ós usuarios no relativo ó mantemento do equipamento hardware e software así como da telefonía da institución provincial.

Este soporte engloba as seguintes tarefas:

  • O deseño de arquitecturas de rede e sistemas
  • O deseño de plans para implantar solucións
  • A instalación e a actualización do equipamento hardware e software
  • A definición e a aplicación de políticas de seguridade
  • A xestión do servizo corporativo de correo electrónico
  • A administración da central telefónica unificada
  • A administración de bases de datos
  • O rexistro, o seguimento e a resolución de incidencias relacionadas coas TIC

A área de Sistemas e Telecomunicacións conta cun Centro de Atención ó Usuario (CAU), que permite a resolución das incidencias na maioría dos casos en liña. O CAU está formado por un equipo de persoas organizadas para atender as necesidades que xurdan en tres niveis de soporte. Para os casos nos que a solución dunha incidencia necesite da asistencia no lugar de traballo onde se produciu, o CAU ten un grupo de técnicos que traballan de forma descentralizada nos diferentes edificios da Deputación de Pontevedra.

Funcións da área de Desenvolvemento e Web

O persoal desta área analiza as necesidades detectadas nos servizos da entidade e nos concellos da provincia para posteriormente realizar a definición dos aplicativos adecuados así como a súa implantación e mantemento.

A área de Desenvolvemento e Web ocúpase das seguintes tarefas:

  • O deseño, a implantación, a proba e o mantemento de todas aquelas aplicacións que respondan ás necesidades presentadas polos servizos da Deputación
  • O mantemento e a actualización dos principais aplicativos da Deputación de Pontevedra: contabilidade, nómina e recursos humanos, xestión de tributos, xestión de expedientes, entre otros.
  • A identificación de novas necesidades dentro das TIC e a avaliación de solucións de mercado aplicables para a súa resolución
  • A identificación e deseño de módulos complementarios para as aplicacións xa existentes na institución
  • O deseño das bases de datos necesarias para dar servizo ás aplicacións
  • O apoio ós usuarios en proceso de adaptación ás novas tecnoloxías
  • O desenvolvemento da administración electrónica dentro da institución e dos concellos da provincia
  • A definición, o desenvolvemento, a implantación e o mantemento da infraestrutura de portais web da institución
  • A realización de tarefas de auditoría informática dentro da Deputación

O Servizo de Novas Tecnoloxías, grazas ó cofinanciamento da Unión Europea, puxo en marcha varios proxectos de grande alcance e importante repercusión.

Estes proxectos concibíronse co obxectivo de modernizar a Deputación de Pontevedra mediante o uso das TIC, para mellorar a xestión e prestar un servizo de maior calidade ó cidadán.

información

  • Edificio Administrativo
  • Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
  • +34 986 804 100
  • novastecnoloxias@depo.es