Igualdade

O obxectivo xeral do Servizo de Igualdade é a consecución da igualdade real e efectiva para as mulleres e os homes en todos os ámbitos da vida política, económica, cultural e social da provincia.

Funcións

  • Interinstitucionais e de ámbito provincial
    • Elaboración do Plan Marco Provincial de Igualdade efectiva entre Mulleres e Homes
    • Asesoramento e apoio técnico
    • Coordinación e/ou colaboración cos municipios que xa contan con estrutura en funcionamento e dotación
    • Implementación das políticas de igualdade nos municipios nos que non hai estrutura nin xestión política de igualdade
    • Apoio e coordinación coas diferentes institucións implicadas na loita contra a violencia machista
    • Apoio e colaboración coas organizacións da sociedade civil (asociacións, ONG, colectivos…) que traballan na igualdade efectiva entre mulleres e homes
    • Deseño de campañas, organización de eventos, congresos e outras actividades de promoción da igualdade
    • Incorporación da igualdade efectiva entre mulleres e homes á sociedade do coñecemento
    • Colaboración coa universidade de Vigo e outras institucións do ámbito da produción de coñecemento
    • Elaboración e publicación de estudos e investigacións relacionados coa materia
    • Convocatoria de bolsas, premios, concursos...
    • Deseño de proxectos financiados
  • Transversais.Interdepartamentais
    • Incorporación da igualdade efectiva entre mulleres e homes á política de calidade da Deputación
    • Provisión periódica de fondos bibliográficos sobre estudos de mulleres, igualdade e feminismo no arquivo da Deputación e no seu patrimonio documental, así como documentación desta área (plans de igualdade, guías, lexislación…)
    • Inclusión da perspectiva de xénero en todos os departamentos a través de programas de promoción, patrocinio, mecenado…
    • Introdución e seguimento da perspectiva de xénero no Servizo de Prevención de Riscos Laborais
    • Introdución da perspectiva de xénero na xestión dos RR. HH. e na formación do persoal da Deputación
    • Coordinación co Servizo Lingüístico e de Comunicación na utilización dunha linguaxe inclusiva nos textos que produza a Deputación, incluídos os contidos web da páxina depo.es e as campañas deseñadas por Comunicación Institucional

información

  • Edificio Administrativo
  • Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
  • +34 986 804 100
  • igualdade@depo.es