Deportes

A Deputación de Pontevedra sempre amosou unha sensibilidade especial cara á práctica deportiva, como un hábito que forma persoas saudables e que ensina a gozar do tempo libre en equipo.

Son estes valores os que levan a Deputación de Pontevedra a apoiar a práctica deportiva a través da posta en marcha de escolas deportivas, do seu Plan de Infraestruturas Deportivas, do Programa de Axudas para Material Deportivo Inventariable e do Plan Cuadrienal de Infraestruturas que leva adiante a institución provincial, así como da construción de pavillóns, campos multifuncionais de herba artificial e pistas deportivas en boa parte da provincia. Así mesmo, o organismo provincial estableceu un compromiso férreo co fomento do deporte base, como xerme de toda a actividade deportiva posterior.

información

  • Pazo provincial
  • Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
  • +34 986 804 100
  • deportes@depo.es