Asesoria Xurídica

O Servizo de Asesoría Xurídica ten atribuídas as funcións descritas no artigo 551.3 da Lei orgánica do poder xudicial, é dicir, a defensa e postulación en procesos nos que sexa parte a Deputación, nas vía contenciosa, civil e/ou penal, así como a dos seus membros, sempre que neste último caso deriven dunha actuación no exercicio do cargo, sen prexuízo, de ser o caso, da designación dun avogado para algún asunto en concreto no eido social.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no V Acordo Regulador e no I Convenio Colectivo, correspóndelle a defensa do persoal por feitos acaecidos no desempeño da súa función pública ou por razón do cargo.

Entre as súas funcións atópase a instrución e tramitación dos procedementos en vía administrativa en materias de responsabilidade patrimonial e reclamacións previas á vía civil, así como en calquera controversia coa Deputación que supoña queixa ou reclamación.

Ten encomendada tamén a defensa da Deputación en expedientes sancionadores incoados por outras administracións públicas, así como a tramitación das queixas presentadas ante o Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo.

Presta asesoramento puntual de materias técnico-xurídicas a instancia dos diversos centros e servizos.

Corre coa postulación e defensa en xuízo dos concellos cando lla solicitan.

Colabora coa Universidade de Santiago de Compostela na formación dos alumnos da Facultade de Dereito no practicum externo que esta organiza.

 

información

  • Pazo provincial
  • Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
  • +34 986 804 100
  • asesoriaxuridica@depo.es