Roberto José Álvarez Carrero
Deputado de Cooperación transfronteiriza e relacións institucionais
- Partido xudicial: Xunta electoral de zona do partido xudicial de Tui
- Retribucións: 2023 2024
- Dedicación parcial do 79%
- Declaracións da Renda:
- Declaración de bens:
- Declaración de intereses:
- Curriculum vitae
Biografía
Roberto José Álvarez Carrero naceu na Guarda o 3 de setembro de 1973. Está casado e ten unha filla.
É licenciado en Ciencias Eclesiásticas (Filosofía-Teoloxía) pola Universidade Pontificia de Comillas (1998), en Teoloxía (especialidade en Teoloxía Práctica) pola Pontificia de Salamanca (2002) e en Dereito pola Complutense de Madrid (2006). Realizou os cursos de doutoramento na Universidade Pontificia de Salamanca (2007-2008) e nestes momentos está a redactar a súa tese de doutoramento sobre concilios bracarenses nos séculos VI-VII.
sí mesmo, publicou varios artigos e completou a súa formación con diversos cursos tanto en España coma na Unión Europa e no estranxeiro, entre os que destacan os realizados na Pontificia Universidade Gregoriana (Italia), no Instituto Español Arqueolóxico de Xerusalén (Israel), na Universidade Pontificia de Salamanca ou na Universidade Rey Juan Carlos.
Foi administrador, asesor e coordinador en diferentes ámbitos da Igrexa católica, na que exerceu en ministerio sacerdotal entre 1998 e 2009. Foi profesor de Filosofía da Relixión e Metodoloxía Científica no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín de Vigo, dependente da Universidade Pontificia de Comillas (2002-2010), e tamén no Colexio Marista Santa María de Tui (2003-2006). Foi avogado en exercicio do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo de 2008 a 2012 e actualmente éo do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra desde 2012. Na actualidade exerce como avogado e mediador no despacho multidisciplinar de avogados fundado por el mesmo con sede en Vigo e na Guarda. É experto en dereito civil (familia e sucesións) e penal, asesora diversas empresas do Baixo Miño e combina o exercicio profesional da avogacía coa docencia no Colexio Pais Somascos-Fundación Educere da Guarda, onde é profesor de Relixión e Cultura Clásica desde 2019.
Ademais, é concelleiro na Guarda desde xuño de 2015, presidente local e portavoz do Partido Popular da Guarda desde novembro de 2018, membro da Executiva provincial do PP de Pontevedra desde novembro de 2018, coordinador do PP de Pontevedra para a comarca do Baixo Miño desde setembro de 2021 e membro do Comité Executivo do PP de Galicia desde maio de 2022. En 2019 encabezou a candidatura das eleccións municipais do PP da Guarda, que foi a forza máis votada, pero non conseguiu gobernar. Repetiu como candidato á alcaldía da Guarda nas eleccións municipais de 2023 e foi elixido alcalde e tamén deputado provincial polo partido xudicial de Tui en xuño dese mesmo ano.
As súas principais afeccións son ler obras de filosofía e novelas históricas; escribir; o teatro, especialmente o teatro clásico español; as series e películas de suspense ou distópicas; e conversar coas súas amizades sobre diferentes temas.
Comisións informativas
- Xunta de Goberno
- Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais
- Proxectos Europeos, Modernización Tecnolóxica, Administrativa e Axenda Dixital