Recursos Humanos e Formación
A este servizo correspóndenlle todas as funcións que directa ou indirectamente están relacionadas coa administración e xestión dos recursos humanos e que se concretan fundamentalmente nas seguintes materias:
- Cadro de persoal, relacións de postos de traballo, oferta de emprego público, convocatoria de oposicións, selección, provisión e promoción
- Selección e contratación de persoal laboral fixo ou temporal
- Vacacións, permisos, licenzas, situacións administrativas e réxime disciplinario de todo o persoal
- Negociación colectiva, eleccións sindicais, etc.
- Beneficios sociais, plans de pensións, axudas sanitarias e de estudos, anticipos, préstamos sen xuros, seguros, incentivos á xubilación, etc.
- Xestión das nóminas e seguros sociais
- Planificación, xestión e execución do plan de formación
Ligazóns de interese
información
- Pazo provincial
- Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
- +34 986 804 100
- persoal@depo.es