#LINGUA

Real Academia Galega

RAG

A Deputación e a Real Academia Galega manteñen abertas diferentes liñas de colaboración para desenvolver iniciativas, actividades e publicacións.


Avaliación de competencias en galego

A Deputación, no seu traballo por analizar e poñer en valor a lingua entre a mocidade, apoiou o proxecto do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega para avaliar  a competencia bilingüe (galego e castelán) das e dos escolares galegos ao finalizar a educación secundaria obrigatoria.

A análise céntrase nas destrezas de produción oral e escrita, por considerar que son as que informan mellor sobre a capacidade comunicativa nas dúas linguas oficiais. Complementariamente, explórase a competencia léxica e gramatical a través de probas centradas máis en coñecementos sobre as linguas que na capacidade para activalos en contextos comunicativos auténticos.

Os resultados obtidos póñense en relación con variables sociodemógraficas, sociolingüísticas e académicas para comprobar o efecto que teñen nas diferentes competencias avaliadas. Por último, analízase o perfil competencial do estudantado e a influencia que tiveron na súa configuración o contexto familiar, pedagóxico e sociolingüístico.
https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/372

Xornadas de Onomástica

A Deputación, da man da Área de Lingua e do Museo de Pontevedra, colabora na organización das Xornadas de Onomástica impulsadas pola Real Academia Galega.

https://www.depo.gal/-/noticia-vi-xornada-de-onomastica-da-rag