#BENESTAR SOCIAL
Provincia activa
A Deputación de Pontevedra oferta 130 obradoiros para promover o envellecemento activo das persoas maiores da provincia
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, pon en funcionamento este ano o programa “Provincia activa” 2024 coa finalidade de favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través da súa participación en obradoiros temáticos.
Este programa conta cun orzamento de 145.916,20 euros e ten como finalidade favorecer a participación e a cooperación social, así como promover espazos de encontro e intercambio de experiencias que permitan fomentar a independencia das persoas maiores e así evitar o illamento e as situacións de soidade.
A institución porá á disposición das persoas xubiladas e pensionistas un total de 130 obradoiros, con 25 prazas en cada un, o que supón a participación de máis de 3.000 persoas. Así, ofértanse os seguintes obradoiros: Benestar Natural, Saúde en Movemento, Emociónate, Outra Vida, Con Ritmo! e Redeir@s. Cada un terá unha duración de 30 horas e impartirase en xornadas de entre unha a tres horas á semana.
Só se poderá adxudicar un obradoiro por entidade, que terá un custo de sete euros por persoa participante.
Ligazóns de interese
- Bases (BOPPO 19/01/2024)
- Anuncio de publicación da lista provisional de entidades admitidas e excluídas (BOPPO 13/03/2024)
- Formulario de solicitude
- Anuncio de publicación da aprobación da relación definitiva das entidades presentadas, das entidades excluídas, das entidades admitidas con obradoiro adxudicado e das entidades admitidas en lista de agarda (BOPPO 30/04/2024)
- Anuncio de publicación da relación actualizada das entidades admitidas con obradoiro adxudicado e das entidades admitidas en lista de agarda (BOPPO 07/06/2024)
- Anuncio da lista actualizada dos obradoiros adxudicados ás entidades admitidas do programa (BOPPO 01/08/2024)
Documentos
-
Catálogo de obradoiros (pdf)
-
Resolución presidencial aprobando a lista provisional de entidades admitidas e excluídas (13/03/2024)
-
Lista provisional de entidades admitidas e excluídas (13/03/2024)
-
Anexo I - Listado global (30/04/2024)
-
Anexo II - Listado de adxudicación de 130 obradoiros (04/10/2024)
-
Anexo III - Listado de entidades en lista de agarda (04/10/2024)
-
Anexo IV - Listado de entidades excluídas (30/04/2024)