#IGUALDADE
I PREMIOS ÁS BOAS PRÁCTICAS EN IGUALDADE
Os Premios ás Boas Prácticas en Igualdade, promovidos pola Deputación de Pontevedra, teñen como obxectivo recoñecer publicamente o esforzo realizado polas distintas entidades en materia de igualdade de xénero e contra a violencia machista na provincia de Pontevedra.
Nestes premios distínguense as actividades, os proxectos ou os programas executados por persoas físicas e entidades que destaquen como boas prácticas en igualdade de xénero e contra a violencia machista na provincia. Enténdese por boas prácticas aquelas cuxos resultados fosen capaces de reducir as situacións de discriminación e tivesen efectos positivos, favorecendo a igualdade entre mulleres e homes e a eliminación da violencia de xénero.
Haberá catro modalidades de premios (entidades de iniciativa social, mellor iniciativa cultural en materia de igualdade, mellor iniciativa deportiva en igualdade e mellor iniciativa educativa de igualdade), así como distincións honoríficas para persoas físicas ou entidades locais da nosa provincia