#MedioNatural
Plan Moves III
DENOMINACIÓN: PROXECTO DE EXECUCIÓN DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS DE BAIXA TENSIÓN E OBRA CIVIL ASOCIADA PARA DOTAR DIFERENTES CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE PUNTOS DE RECARGA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS.
Programa de incentivos 2: Implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos
A Deputación de Pontevedra quere apostar por maiores garantías de financiamento europeo no exercicio económico 2021‐2027.
A idoneidade do obxecto deste contrato radica no interese por parte da Deputación Provincial de Pontevedra en obter financiamento europeo para executar infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos en diversas instalacións da institución provincial, e desta forma reducir o consumo de enerxías non renovables e limitar as emisións de CO2 á atmosfera.
Para ese efecto, na Resolución de 26 de xullo de 2021, da Axencia Instituto de Enerxía de Galicia (INEGA), apróbase a convocatoria do procedemento de subvención correspondente ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (MOVES III), modificada pola Resolución de 21 de outubro de 2021 e pola Resolución de 23 de decembro de 2021, cuxo programa de incentivo 2 está dedicado a despregar a infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
Esta implantación proxéctase como unha instalación por obra de reforma, ao corresponderse cun conxunto de obras de ampliación, adaptación, adecuación ou reforzo dun ben inmoble xa existente.
Os equipos de recarga que se instalen deberán ser capaces de comunicarse mediante conexión sen fíos.
Establécese un plan de traballo para a execución das oito actuacións dunha duración máxima de catro meses.
O proxecto consta de oito actuacións ou subproxectos subvencionados por INEGA:
Implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | Actuación | Potencia instalada en KW | Orzamento en € | Achega da Deputación | Achega do INEGA | |||||||||
% | en € | % | en € | Código | ||||||||||
Centro Príncipe Felipe. Pontevedra | 3 puntos de recarga dobre de 44 KW cada un | 132 | 57.596,00 | 30 | 17.278,80 | 70 | 40.317,20 | IN421R‐3527 | ||||||
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra | 1 punto simple de recarga de 22 KW | 22 | 10.511,27 | 30 | 3.153,38 | 70 | 7.357,89 | IN421R3530 | ||||||
Estación Fitopatolóxica Areeiro. Pontevedra |
2 puntos de recarga dobre de 44 KW cada un (total 88 KW) | 88 | 35.253,31 | 30 | 10.575,99 | 70 | 24.677,32 | IN421R‐3532 | ||||||
Viveiro de Empresas de Barro | 2 puntos de recarga dobre de 44 KW cada un (total 88 KW) | 88 | 30.172,55 | 20 | 6.034,51 | 80 | 24.138,04 | IN421R‐3533 | ||||||
Parque de maquinaria da Deputación de Pontevedra. Barro |
3 puntos de recarga dobre de 44 KW cada un e de 2 puntos simples de recarga de 50 KW cada un | 232 | 128.702,33 | 20 | 25.740,47 | 80 | 102.961,86 | IN421R‐3534 | ||||||
Castelo de Soutomaior. Soutomaior | 2 puntos de recarga dobre de 44 KW cada un | 88 | 32.330,45 | 30 | 9.699,14 | 70 | 22.631,32 | IN421R‐3536 | ||||||
Finca Mouriscade. Lalín | 2 puntos de recarga dobre de 44 KW cada un | 88 | 23.025,45 | 30 | 6.907,64 | 70 | 16.117,82 | IN421R‐3538 | ||||||
Viveiro de Empresas de Lalín | 1 punto de recarga dobre de 44 KW | 44 | 12.815,11 | 30 | 3.844,53 | 70 | 8.970,58 | IN421R‐3539 | ||||||
Total | 330.406,47 | 83.234,45 | 247.172,02 |