#TRANSPARENCIA
Plan estratéxico provincial de fondos europeos
da Deputación de Pontevedra
O Plan estratéxico provincial de fondos europeos desenvolve 10 programas cun total de 54 accións nas que se aplicará a perspectiva de xénero e a igualdade de xeito transversal.
Este plan conta cunha estimación económica de máis de 300 millóns de euros e está aliñado cos catro eixes definidos pola Unión Europea; coas dez políticas panca do Plan de transformación, recuperación e resiliencia do Goberno do Estado; cos cinco obxectivos de política de cohesión europea 2021/2027 e coa Axenda 2030.
En concreto, os 10 programas van estar centrados na cohesión territorial; na axenda urbana e na mobilidade sostible; na dixitalización, na eficiencia enerxética e na posta en valor dos recursos patrimoniais da provincia; na economía circular, nos coidados e na inclusión social; na transición verde e na protección hídrica e forestal; no emprendemento e na formación laboral; no turismo intelixente e sostible; na reacción cultural e nunha administración eficiente e innovadora. Todas as propostas están deseñadas para chegar a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes para a modernización, a dixitalización e a transición cara a unha administración comprometida cos valores medioambientais.