A presidenta da Deputacion celebra cos concellos da ría a recuperación de Tambo “que hoxe é unha illa democrática, porque volveu ser da xente”

A visita institucional á illa de Tambo, organizada polo Concello de Poio e na que participaron a Deputación e os concellos de Pontevedra, Marín, Bueu, Sanxenxo e Meaño, converteuse nunha celebración da colaboración local como fórmula inexcusable para avanzar nunha xestión do territorio en beneficio da cidadanía.

17/09/2022

TAmbo

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, sumouse ás felicitacións a Poio dos alcaldes de Sanxenxo, Telmo Martín, e Meaño, Carlos Viéitez, polo éxito nas xestións como Ministerio de Defensa para a desafectación do uso militar a e recuperación desta contorna natural para a sociedade. Ademais, na súa intervención afirmou que Tambo volve ser “unha illa democrática, porque volve ser da xente”. Celebrou así que non só se teña recuperado a posibilidade de acceder, senón tamén os avances para a súa recuperación e xestión ambiental e patrimonial.

Carmela Silva, acompañada dos/as deputados/as provinciais Ana Laura Iglesias, Raquel Giráldez, Ana Mejías e Gorka Gómez, ligou a alianza para a posta en valor de Tambo co “modelo de provincia que está a xurdir da colaboración a partir da cooperación administrativa dende o mundo local”. “Construímos entre todas e todos unha provincia baseada na mobilidade sustentable, na recuperación do medio ambiente, no turismo que nin destrúe a contorna nin dificulta a vida das persoas que residen aquí todo o ano; unha provincia referencia en loita pola Igualdade e na mellora dos equipamentos e servizos públicos”. “Todo iso é posible porque o mundo local nesta provincia está colaborando entre si máis que nunca”.

A presidenta concluíu que Tambo contribuirá, a partir de agora, a cubrir a “enorme demanda” de actividades e de interacción social que existe “despois da terrible pandemia que vimos de pasar”. “Hoxe é un día moi fermoso, un día que demostra que podemos e debemos traballar xuntos e xuntas”.

Galerias de imaxes

videos