A Deputación e o Concello da Estrada abordan vías de colaboración a través da Estación Fitopatolóxica Areeiro
12/12/2024
O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro, Javier Tourís, reuniuse co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, co obxectivo de abordar vías de colaboración a través da Estación Fitopatolóxica Areeiro. Ambos dirixentes percorreron as instalacións desta finca pontevedresa para analizar as posibilidades de cooperación institucional ben no eido da protección de especies vexetais ben para combater pragas e enfermidades dos cultivos que teñen presenza na provincia de Pontevedra.