A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

10/01/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade olívica. Alí mantivo unha reunión co novo presidente da entidade, José Ramón Santamaría, que accedeu ao cargo o pasado mes de novembro tralo falecemento de Iván Martínez. A vicepresidenta provincial quixo agradecer a Santamaría e ao seu equipo polo traballo que fan desde a Fundación para apoiar aos pontevedreses e pontevedresas que máis o precisan e aproveitou para ofrecer o apoio da Deputación no seu labor.

Galerias de imaxes