A Deputación destina 374.000 euros para a substitución das escaleiras de emerxencia do Centro Príncipe Felipe

O prazo de execución dos traballos, que consisten na instalación dunha nova cuberta e das escaleiras, é de cinco meses desde o inicio da obra

13/10/2023

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o proxecto de execución das obras para a substitución das escaleiras de emerxencia do Centro Infanto-Xuvenil Escola Fogar Príncipe Felipe que suporá un investimento de 374.000 euros. Unha intervención que ten o obxectivo de mellorar a seguridade neste centro dependente da administración provincial.

A intervención, que terá un prazo de execución de cinco meses a partir do inicio das obras, consistirá na demolición dos cerramentos e da escaleira actual para instalar despois unha nova escaleira e unha envolvente exterior. Ao mesmo tempo, procederase ao saneamento das vigas e alicerces da estrutura principal, así como a colocación de novos elementos de alumeado e portas de emerxencia.

Este proxecto xa fora aprobado pola Xunta de Goberno en outubro do ano 2022, pero o procedemento para adxudicar as obras quedou deserto. Por este motivo, a Deputación abriu un novo trámite no que incrementou o importe de licitación desde os 325.391 iniciais ata os 374.426 actuais para espertar o interese das empresas.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.