O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana seis novas accións formativas

Os obradoiros, de xeito telemático e presencial, céntranse en ciberseguridade, fabricación dixital, packaging, deseño gráfico,  proxectos emprendedores e finanzas

18/06/2023

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta na semana do 19 ao 23 de xuño seis novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial. Os obradoiros serán sobre o uso do antivirus e as actualizacións do software, fabricación dixital, packaging, deseño gráfico, a viabilidade dun proxecto emprendedor e finanzas.

As accións formativas inícianse o luns 19, ás 10:00 h, con “Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software”. A finalidade deste taller telemático é promover as actualizacións do software para previr as vulnerabilidades e o uso dos antivirus. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

O martes 20 terán lugar dúas actividades formativas. A primeira ás 11:00 h co título “Fabricación dixital. Laminador resina preparación de impresiones”, a cargo de Manuel Freire. O obradoiro enmárcase no itinerario formativo que abrangue unha primeira parte teórica online e unha segunda parte presencial con prácticas no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. As persoas asistentes formaranse no manexo de debuxo 3D con Onshape (16h), impresoras 3D de filamento (8h), impresoras 3D de resina e escáner 3D (2h). Xa pola tarde, ás 17.00 h, impartirase telematicamente  “Packaging, todo o que necesitas saber para o teu e-commerce” que aportará os coñecementos que se precisan para realizar o packaging, dende a forma de envío, ata a sostenibilidade, ou os elementos experienciais. O taller será dirixido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relaciones Públicas pola Universidade de Vigo con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e imaxe corporativa.

O mércores 21, ás 17.00 h, terá lugar unha acción formativa telemática centrada na “Xerarquía no deseño: a orde da información”. Nela, daranse a coñecer métodos para xerar máis atención visual e analizaranse os deseños para poder aplicalos a un propio. Lara Taboada, titulada Superior en Ensinanzas Artísticas de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa, será a encargada de impartir a actividade.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 11 resultados.