O programa SmartPeme da Deputación oferta esta próxima semana catro novas accións formativas

Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático e presencial, céntranse en ciberseguridade, fabricación dixital e uso de Google Analytics

27/05/2023

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas da provincia, oferta nesta próxima semana catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial. As actividades centraranse en ciberseguridade, na fabricación dixital e na análise web.

O luns 29 ás 10 horas Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia formando na materia, encargarase de impartir o obradoiro “Ciberseguridade, ramsonware y suplantación de identidade”. O obxectivo é dar a coñecer que é un ramsonware, en que consiste a suplantación de identidade e que é o que poden facer as persoas para protexerse.

O martes 30 ás 11 horas dará comezo o taller de “Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape IV – PartStudio IV”  con sesións online teóricas e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. En canto á teoría, o obradoiro afondará en debuxo 3D con Onshape (16 h), impresoras 3D de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4 h) e escáner 3D (2h). Estas sesións completaranse con 20h prácticas no Fab Lab no manexo das dúas impresoras 3D e do escáner 3D. Tamén se encargará da formación Manuel Freire.

O mércores 31 ás 12 horas será a quenda dos “Primeros pasos con Google Analytics 4”, centrado no manexo deste programa de análise web. No obradoiro as persoas participantes aprenderán a comprender esta nova versión da ferramenta para poder configurala e tamén comprender ás e aos visitantes da web, coa finalidade de axudar na toma de decisións do negocio. Vai impartir esta acción formativa Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de marketing e dirección comercial e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

O xoves 1 de xuño iníciase o obradoiro de  “Fabricación dixital. Laminador Cura II”. A formación teórica en liña incluirá debuxo 3D con Onshape  (16 h), manexo de impresoras 3D de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4 h) e escáner 3D (2 h). A parte práctica é presencial e consta de 20 horas no Fab Lab co manexo de impresoras 3D filamento (8 h), impresoras 3D resina (8 h) e escaneo 3D (4 h). Este obradoiro correrá tamén a cargo de Manuel Freire.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 9 resultados.