A Xustiza dá a razón á Deputación de Pontevedra e obriga á Xunta de Galicia a rehabilitar o Pazo de Lourizán
O TSXG estima o recurso da Deputación e, amais de impoñerlle as costas, condena á Xunta a cumprir coa súa obriga de realizar as obras de conservación necesarias na zona nobre do conxunto da Finca tal e como determinan os convenios entre ámbalas dúas administracións
09/02/2022
Non hai debate. A Xunta de Galicia está obrigada a realizar as obras de rehabilitación do Pazo de Lourizán. Así o considera o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que dá a razón á Deputación de Pontevedra estimando o recurso contencioso-administrativo que presentou a institución provincial o 30 de xullo de 2019 para que o goberno galego cumprira coas súas responsabilidades, dando así cumprimento ao acordo do pleno provincial que ordenou o inicio inmediato de accións legais dada a inacción da Xunta cos compromisos adquiridos. De feito, incluso ao requirimento que presentou a Deputación, previo á interposición do recurso, a administración autonómica nin contestou e seguiu sen realizar as obras.
Na sentencia coñecida nas últimas horas, o alto tribunal galego condena á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda “a cumprir coa súa obriga de efectuar as obras de conservación necesarias para o mantemento da zona nobre da Finca de Lourizán”, e faino atendendo aos termos establecidos nos convenios asinados por ámbalas dúas administracións, tal e como sempre defendeu a Deputación. “Cláusula tercera d) del “Convenio de cooperación entre a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra” suscrito en fecha 22 de enero de 1991, así como en la Cláusula tercera b) del “Convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente sobre aproveitamento da Finca de Lourizán”, suscrito en fecha 21 de enero de 2000”
A sentenza do TSXG, que tamén impón á administración autonómica as costas procesuais, deixa claro o incumprimento da Xunta de Galicia dos convenios asinados, de carácter vinculante para ámbalas dúas institucións, e sinala de forma rotunda que “ninguna duda hay sobre la obligación de la Administración autonómica de efectuar las obras de conservación del Pazo de Lourizán, atendido su carácter bilateral, fuente de obligaciones para ambas partes, y dados sus objetivos orientados al interés público –en concreto, de cooperación en materia de investigación agraria orientada al sector forestal, así como en la divulgación de dichas investigaciones y a la formación profesional en el sector-. En todo caso y como ya quedó antes expuesto, no hay nada que interpretar, atendida la claridad de la cláusula”.
No texto, o tribunal tamén refire que “… está acreditada la existencia de la obligación, a cargo de la Administración autonómica, de efectuar las obras de conservación necesarias para el mantenimiento de la zona noble del actual conjunto, y de que dicha obligación está siendo incumplida, cuando no consta que por parte de la Diputación se hayan incumplido sus obligaciones”. A sentenza tamén pon especial relevancia no feito de que sexa un ben catalogado e que existe o recoñecemento do deterioro que se ven producindo no Pazo e sinala que “…no se evidencia la imposibilidad de ejecución de las obras; lo que de verdad importa es que no se han ejecutado las mismas”.
Por todo iso, o TSXG establece que ante la circunstancia de que existe un Convenio que impón a obriga de levar a cabo as obras de conservación, nun ben catalogado, ten que engadirse a obriga legal, polo que conclúe “… con la estimación de la demanda, y la condena a la Administración demandada a cumplir con su obligación de efectuar las obras”.